domingo, 29 de marzo de 2020

BOS DÍAS FAMILIAS !!!

Estreno este blogue para poder estar en contacto convosco.
Mándovos un saúdo moi forte e moito ánimo.

Aquí subirei o traballo diario, de luns a venres.
          
Como non estamos no cole para festexar os cumples, vamos a facelo no blogue, que vos parece?  Celia e Roque estiveron de cumple o día 15 e hoxe día 30 está Martín.


Parabéns !!!
Celia, Roque
Martín

           
                                  Moitos bicos para todos e todas, bótovos moito de menos
                                 
                               

MATEMÁTICAS

Hoxe imos repasar 
- Cáculo mental.
- Gráfico de barras.

deixovos unha ficha para descargar, si queredes podedes facelo na libreta, poñedes a data o título do exercicio ou número e a solución.



DESCARGAR

CIENCIAS SOCIAIS
Seguimos a investigar sobre o concello da Estrada,  esta semana toca investigar sobre os "Elementos que forman a nosa vila" vades necesitar axuda da vosa familia.
Tamen podedes consultar na https://gl.wikipedia.org/wiki/A_Estrada

- Como se chaman os ríos que pasan polo concello da Estrada?
- Que podemos facer para coidalos?
- Que lugares de interés podemos atopar?


CIENCIAS NATURAIS
Xa rematado o tema O noso corpo crece, vou deixarvos uns vídeos para que poidades repasar.





















No hay comentarios:

Publicar un comentario